Saltar navegación

3. O campo de xogo

Carmen García e Xiana Guerra. Cancha Kin-Ball® (CC BY-NC-SA)


A cancha onde se xoga a Kin-Ball® ten forma cadrada e as dimensións son 20 metros x 20 metros. Porén, dependendo do torneo os/as organizadores/as teñen a autoridade de modificar as dimensións do campo de xogo. 

Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Kin-Ball® non ten estas dimensións, adapta as medidas ao espazo dispoñible.

Fíxate, agora, nas seguintes características da cancha:

  • As liñas que limitan a área de xogo deben ser todas da mesma cor, continuas e de mínimo 5 cm de ancho.
  • Cada equipo dispón dunha zona de quecemento. Esta zona debe estar detrás das bancadas e debe ter unha dimensión de, polo menos, 9 m2.
  • Todas as bancadas deben estar de tal maneira que podan ver o marcador oficial e o cronómetro.
  • Cando a pelota ou os/as xogadores/as en contacto coa pelota, saen da área de xogo, pitarase unha falta por FÓRA.
  • Se a pelota non está enriba da área de xogo cando se produce unha falta por Fóra, o punto de reinicio será o máis próximo á área de xogo. 
  • Serán faltas por FÓRA nos seguintes casos: 
    • A pelota toca o chan fóra da área de xogo ou a traxectoria da pelota é modificada por un obstáculo fixo nos arredores (parede, teito...).
    • Un/ha xogador/a do equipo nomeado que toca a pelota non ten contacto coa área de xogo e se o último contacto dese/a xogador/a co chan foi fóra do terreo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)