. Non é correcto! (CC BY-NC-SA)
Hai determinadas accións no regulamento oficial de Kin-Ball® que está prohibido facer.
Fai esta actividade para saber que está prohibido facer cando xogas a Kin-Ball®:
-
Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.
-
Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.
-
Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.
Imos!
| ESTÁ PROHIBIDO... | ||
![]() |
![]() |
![]() |
| Realizar lanzamentos descendentes. | Lanzar ou golpear a pelota dúas veces consecutivas polo/a mesmo/a xogador/a. | Dicir "OMNIKIN" por dous/dúas xogadores/as á vez. |
![]() |
![]() |
![]() |
| Bloquear un lanzamento. | Non estar 3 xogadores/as para facer o trípode antes dun lanzamento. | Non estar algún/ha dos/as 3 xogadores/as en contacto coa pelota antes dun lanzamento. |





