1. Definición de Kin-Ball®
Gernot Josef. Xogadoras nun partido de Kin-Ball® (CC BY-NC-SA)
- O Kin-Ball®, é un deporte de equipo, onde xogan 3 equipos simultaneamente no mesmo campo.
- Foi creado por Mario Demers, profesor de Educación Física en Canadá, no ano 1986.
- Para xogar empregamos unha pelota xigante de entre 1,20 e 1,25 metros de diámetro cun peso de 1 quilogramo.
- O espazo de xogo é cadrado.
- Pista de 20 x 20 metros.
- As liñas que limitan a área de xogo deben ser todas da mesma cor, continuas e de mínimo 5 cm de ancho.
- O obxectivo do xogo é, que o equipo cuxa cor é nomeada controle a pelota con calquera parte do seu corpo antes de que esta toque o chan.
- Nun partido de Kin-Ball® xogan tres equipos mixtos. Cada equipo ten na cancha 4 xogadores e xogadoras e ata un máximo de 12 inscritas/os.
- Cada equipo leva petos de cor AZUL/ROSA, GRIS e NEGRA.
- As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son a concentración, a toma de decisións, golpear e atrapar.
- Os valores que se potencian no Kin-Ball® son:
- Coeducación: xa que os equipos son mixtos.
- Cooperación: precísase a participación das persoas do equipo para conseguir o obxectivo.
- Superación: dun xeito lúdico, cada persoa dá o mellor de si.
- Esforzo: para tratar de gañar ao equipo contrario.
- Motivación: por obter un bo resultado, traballando en equipo.