Saltar navegación

6. Tipos de faltas no Kin-Ball®

Xogadoras e árbitro en Kin-Ball®
Pierre-Yves Beaudouin. Xogadoras e árbitro en Kin-Ball® (CC BY-SA)

FALTA DE CHAMADA


Cando o/a xogador/a atacante non efectúa unha chamada, “Omnikin negro/gris/rosa-azul".
Cando dúas personas efectúan a chamada unha por enriba da outra.
Cando o/a xogador/a atacante grita “Omnikin”, calquera palabra e despois grita a cor do equipo que quere atacar, por exemplo: ¡Omnikin “Doulle eu” rosa!

 

FALTA DE CONTACTO


 

 

Cando un/ha ou varios/as xogadores/as non están en contacto coa pelota no momento de efectuar o golpeo de ataque.
Cando se efectúa un arrastre da pelota no golpeo. O golpeo sempre debe ser un golpe seco.
Cando a pelota golpea a un/ha dos/as meus/miñas compañeiros/as no momento de efectuar o golpeo de ataque.

FALTA DE LANZAMENTO

Prodúcese falta por lanzamento corto cando a pelota no percorre máis de 2 metros de traxectoria
antes de caer ao chan.

FALTA POR TRAXECTORIA

Prodúcese falta por traxectoria descendente cando a pelota, á hora de efectuar o ataque,
non sae con traxectoria ascendente.

  • Se a pelota sae do trípode de ataque con traxectoria descendente ou recta, considérase falta por traxectoria descendente.

 FALTA POR TEMPO

Prodúcese unha vez que o equipo fai o primeiro contacto coa pelota, e está máis de DEZ segundos para realizar o seu ataque.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)