Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
Este é un traballo en equipo do grupo-clase.
O obxectivo é organizar un torneo por equipos de Rounders.
Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:
-
Facer equipos mixtos de mínimo 6 e máximo 9 xogadoras e xogadores.
-
Cada equipo ten que escoller unha capitá ou un capitán.
-
Poñer un nome ao equipo.
-
As capitás e os capitáns dos equipos que non están xogando, serán observadoras/es.
-
Cada equipo ten que xogar contra todos os outros equipos na clase.
-
O partido rematará cando cada equipo teña sido equipo bateador e de campo en dúas ocasións alternativamente, é dicir, 4 entradas.
-
Gañará o equipo que máis puntos acadara ao final das 4 entradas.
-
As/os capitás/áns teñen que apuntar o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.
-
O respecto ao regulamento do xogo é obrigatorio.
-
Calquera dúbida durante os partidos, será consultada ás/aos observadoras/es ou ben ao/á profesor/a.
Boa sorte e a xogar!