8. Anotar rounders

Icona de correcto ou ben
Carmen García e Manuel Mato. É correcto! (CC BY-NC-SA)

Vexamos as distintas posibilidades durante o xogo para anotar rounders:

  • 1 rounder se despois dun bo lanzamento, a bateadora (agora corredora) chega á cuarta base sen ser eliminada.

  • 1 rounder se despois dun mal lanzamento, a bateadora golpea a pelota e chega á cuarta base sen ser eliminada.

  • ½ rounder se despois dun bo lanzamento, a bateadora non golpea a pelota e chega á cuarta base sen ser eliminada.

  • ½ rounder se despois dun bo lanzamento, a bateadora chega á segunda ou terceira bases sen ser eliminada.

  • ½ rounder como penalización ao equipo de campo se interfiren na carreira entre bases.

  • ½ rounder como penalización ao equipo de campo se a lanzadora fai consecutivamente 3 lanzamentos malos.

  • ½ rounder menos para o equipo bateador se unha corredora obstaculiza a unha xogadora de campo.

Gaña o equipo que máis rounders acade ao final do partido.

Carmen García e Manuel Mato. Rounders: anotar rounders (CC BY-NC-SA)