3. O campo de xogo

Campo de Rounders. Detalle
Carmen García e Manuel Mato. Campo de Rounders. Detalle bases (CC BY-NC-SA)
Campo de Rounders. Vista xeral
Carmen García e Manuel Mato. Campo de Rounders. Vista xeral (CC BY-NC-SA)

Nas imaxes superiores podedes ver o campo onde se xoga Rounders.

Ten unha forma de pentágono irregular aberto.

As súas medidas habituais son de 12 metros de longo en 3 lados e 8,5 metros nos outros dous.

Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Rounders non ten estas dimensións, asegúrate que se gardan as proporcións. Para isto, seguide os seguintes pasos:

  • medide o espazo dispoñible entre o/a bateador/a e a segunda base;

  • a medida anterior tamén será a que hai entre as primeira e terceira bases;

  • marcade o punto onde se sitúa o/a lanzador/a, e un cadrado de mínimo 1,5 metros de longo;

  • marcade o punto onde se sitúa o/a bateador/a;

  • a cuarta base estará na intersección entre a prolongación do punto de batear e a base 3.

Por exemplo, o campo de Rounders pode ter tres lados de 8,5 metros e dous lados de 6 metros.

Tamén podedes medir por pasos, seguindo o indicado arriba.

Para delimitar a área de lanzamento, empregaremos un aro ou ben conos.