
DEPORTES ALTERNATIVOS: ROUNDERS
DEPORTES ALTERNATIVOS: ROUNDERS

OBXECTIVOS

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY
a. Obxectivos lingüísticos
- Ensinar ao alumnado vocabulario específico do Rounders.
- Permitir ao alumnado empregar expresións relacionadas co Rounders.
- Animar ao alumnado a empregar unha linguaxe formal e apropiada na clase de Educación Física.
- Desenvolver habilidades de escoitar, falar e escribir correctamente na Lingua Galega.
- Empregar o galego como lingua vehicular nas clases de Educación Física.
b. Obxectivos específicos de Educación Física
- Explicar ao alumnado as normas da clase de Educación Física relativas ao Rounders.
- Axudar ao alumnado no cumprimento das normas das sesións de Rounders.
- Explicar ao alumnado os procesos de aprendizaxe específicos de Rounders.
- Comprobar o entendimento por parte do alumnado dos procesos de aprendizaxe específicos de Rounders.
- Crear un clima positivo de aula de cara ao Rounders.
- Integrar ao alumnado con distintas capacidades, facendo grupos flexibles na clase para xogar a Rounders.
- Fomentar a autonomía do alumnado organizando torneos de Rounders.
- Valorar a participación e motivación positiva nas sesións e partidos de Rounders máis que o resultado final.
c. Outros obxectivos
- Ensinar ao alumnado o uso de Audacity.
- Ensinar ao alumnado a gravar e editar vídeos e fotografías.
- Usar o Dicionario da RAG para comprobar o galego escrito.
- Buscar imaxes con licenza CC BY-SA en internet.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0