
Estas son as regras máis importantes relativas ao equipo bateador.
-
Teñen que agardar a 10 metros por detrás da cuarta base, en fila segundo a súa vez para batear. Se non se dispón dese espazo, o máis lonxe posible da cuarta base, para non interferir no xogo.
-
Cando un/ha bateador/a é eliminado/a, ten que esperar por detrás da primeira base, o máis lonxe posible.
NOTA: Nalgunhas ocasións, se o partido non é unha competición, pasan ao equipo de campo (para que estean activos/as durante o tempo de clase).
-
O/A bateador/a colócase dentro do cadrado ou área cando o indique a/o árbitra/o.
-
O/A bateador/a pode batear collendo o bate coas dúas mans.
-
O/A bateador/a debe agardar a recibir un bo lanzamento (verémolo no apartado seguinte) antes de batear. Pero se o lanzamento é malo, batea e comeza o correr, despois non pode volver atrás.
-
O/A bateador/a pode batear cara adiante, á dereita ou á esquerda, pero NUNCA a pelota pode ir cara atrás.
-
Se o regulamento permite correr sen batear, NON gañará rounders.

Unha boa bateadora, ten que ter as seguintes habilidades:
Axilidade | A bateadora emprega esta habilidade para modificar rapidamente a súa posición antes de golpear a pelota. |
Equilibrio | Para manter a postura correcta antes de batear e axudar a realizar un bo golpe. |
Coordinación | A bateadora necesita esta cualidade para facer contacto entre o bate e a pelota e así conseguir un golpeo válido. |
Potencia | Para golpear a pelota o máis lonxe e forte posible. |
Tempo de reacción |
|
No seguinte vídeo veredes máis detalles sobre como batear.