Saltar navegación

ACTIVIDADE ESCOLLA MÚLTIPLE

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Se liches con atención todo o relativo a batear, lanzar e as funcións dos equipos bateador e de campo, poderás contestar ao seguinte cuestionario. Fíxate ben e escolle a resposta correcta en cada caso.

Escolla múltiple

Pregunta

1. Onde teñen que estar as bateadoras agardando ata que non lles toque batear?

Respostas

Por detrás da xogadora que vai batear.

A 10 metros por detrás da primeira base ou o máis lonxe posible.

A 10 metros por detrás la cuarta base ou o máis lonxe posible.

Retroalimentación

Pregunta

2. Onde teñen que estar as bateadoras que son eliminadas?

Respostas

Por detrás da primeira base, a unha distancia suficiente para non interferir no xogo.

Por detrás da xogadora que vai batear.

A 10 metros por detrás da cuarta base ou o máis lonxe posible.

Retroalimentación

Pregunta

3. Cara que base ten que correr a bateadora despois de batear a pelota?

Respostas

Cara á primeira base, é dicir, á súa esquerda.

Cara á primeira base, é dicir, no sentido das agullas do reloxo.

Cara á primeira base, é dicir, á súa dereita.

Retroalimentación

Pregunta

4. En que dirección pode ir unha pelota bateada?

Respostas

Cara adiante, á dereita e á esquerda.

En calquera dirección, pero nunca cara atrás.

As dúas respostas anteriores son correctas.

Retroalimentación

Pregunta

5. A que equipo pertence a lanzadora?

Respostas

Ao equipo de campo.

Ao equipo bateador.

A ningún equipo, sempre lanza a pelota a mesma xogadora.

Retroalimentación

Pregunta

6. Cantas oportunidades ten unha lanzadora para executar un lanzamento correcto?

Respostas

Non hai límite, as que necesite.

3 oportunidades.

As que decida a/o árbitra/o.

Retroalimentación

Pregunta

7. Escolle a opción incorrecta. Se despois dun lanzamento, o balón bota no chan...

Respostas

Repítese o lanzamento.

A bateadora ten que batear e correr cara á primeira base.

A bateadora non ten que batear.

Retroalimentación

Pregunta

8. Despois de batear a pelota, unha xogadora de campo atrapa a pelota sen que toque o chan.

Respostas

A xogadora de campo ten que pasar a pelota á lanzadora e a bateadora para na seguinte base.

A xogadora que bateou xa non pode xogar máis.

O equipo bateador perde ½ rounder.

Retroalimentación

Pregunta

9. A lanzadora envía a pelota por riba da cabeza da bateadora.

Respostas

A bateadora pode non batear a pelota e correr cara á primeira base.

A lanzadora pide á/ao árbitra/o repetir o lanzamento.

A bateadora golpea a pelota, o golpeo é bo, e comeza a correr cara á primeira base.

Retroalimentación

Pregunta

10. Unha xogadora de campo colle do chan a pelota que foi bateada e pásalla á lanzadora.

Respostas

Todas as xogadoras que están correndo entre as bases seguen correndo.

Todas as xogadoras que están correndo entre as bases paran e regresan á base anterior.

Todas as xogadoras que están correndo entre as bases teñen que parar e ir camiñando cara á seguinte base.

Retroalimentación