Saltar navegación

LE E DECIDE: Verdadeiro ou Falso

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Decide se as seguintes accións son VERDADEIRAS ou FALSAS.

Pregunta 1

1. Se dúas xogadoras están na mesma base, a que chega en segundo lugar a esa base queda eliminada.

Pregunta 2

2. Se a xogadora que bateou consegue chegar á cuarta base nunha mesma carreira, sen ser eliminada, gaña 1 rounder para o seu equipo.

Pregunta 3

3. A pelota pode ser bateada en calquera dirección, sempre que non vaia por detrás da bateadora.

Pregunta 4

4. A lanzadora ten un número ilimitado de intentos para facer un bo lanzamento.

Pregunta 5

5. Un bo lanzamento ten que dirixir á pelota entre os xeonllos e a cabeza da bateadora e nunca cara ao seu corpo.

Pregunta 6

6. Se a bateadora para na primeira base, gaña ½ rounder para o seu equipo.

Pregunta 7

7. Unha xogadora de campo pode obstaculizar a carreira entre bases dunha corredora.

Pregunta 8

8. Se unha xogadora de campo atrapa a pelota no aire despois de ser bateada, a bateadora queda eliminada.

Pregunta 9

9. As corredoras teñen que correr por fóra das bases.

Pregunta 10

10. As xogadoras de campo, antes de que a pelota sexa bateada, poden estar dentro da zona delimitada polas bases.