Saltar navegación

PROXECTO: Traballo en equipo

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Este é un traballo en equipo do grupo-clase.

O obxectivo é organizar un torneo por equipos de Ultimate.

Estes son os pasos a seguir para facer o proxecto:

  • Facer equipos mixtos de mínimo de 5 e máximo 7 xogadoras e xogadores.
  • Cada equipo ten que escoller unha capitá ou un capitán.
  • Poñer un nome ao equipo.
  • As capitás e os capitáns dos equipos que non están xogando, serán observadoras/es.
  • Cada equipo ten que xogar contra todos os outros equipos na clase.
  • O partido rematará cando un equipo acade 15 puntos, rematando a primeira parte cando un equipo chegue a 8 puntos.
  • Se ningún equipo acada os 15 puntos, ao remate da clase gañará o equipo que máis puntos acadara.
  • As/os capitás/áns teñen que apuntar o resultado final de cada partido e aquelas incidencias que lles parezan relevantes.
  • O respecto ao regulamento do xogo (Espírito de Xogo ou xogo limpo) é obrigatorio.
  • Calquera dúbida durante os partidos, será consultada ás/aos observadoras/es ou ben ao/á profesor/a.

Boa sorte e a xogar!

Modelo de Acta partido Ultimate

Neste arquivo adxunto atoparedes o modelo de Acta para o seguimento da cada partido.

Terá que ser cuberto polas/os capitás/áns e entregada ao/á profesor/a ao remate de cada partido.

Calquera incidencia ou comentario, terá que ser explicada na Acta e tamén verbalmente ao/á profesor/a.