Saltar navegación

ACTIVIDADE ESCOLLA MÚLTIPLE

Icons made by Icon Pond from www.flaticon.com is licensed by CC 3.0 BY

Se liches con atención todo o relativo ao “pull”, poderás contestar ao seguinte cuestionario. Fíxate ben e escolle a resposta correcta en cada caso.

Escolla múltiple

Pregunta

1. Como comeza un partido de Ultimate?

Respostas

Saque libre.

Decide quen arbitra.

Pull

Retroalimentación

Pregunta

2. Dende onde se executa o saque inicial?

Respostas

Dende a zona de gol do equipo defensor.

Dende a zona de gol do equipo atacante.

Dende medio campo.

Retroalimentación

Pregunta

3. Onde ten que estar cada equipo antes de que se execute o "pull"?

Respostas

O equipo defensor na súa zona de gol, detrás da liña de gol.

O equipo atacante na súa zona de gol, detrás da liña de gol.

As dúas respostas anteriores son correctas.

Retroalimentación

Pregunta

4. Cando se executa o “pull”?

Respostas

Ao comezo dun partido.

Ao comezo da segunda metade do partido.

Ao comezo de cada parte dun partido e despois de cada gol.

Retroalimentación

Pregunta

5. Poden saír das zonas de gol as xogadoras dos equipos?

Respostas

Non, ata que o disco estea no aire.

O equipo defensor non, pero o equipo atacante si.

O equipo atacante si, pero o equipo defensor non.

Retroalimentación

Pregunta

6. Que equipo ten que tocar primeiro o disco despois dun “pull”?

Respostas

O equipo defensor.

O equipo atacante.

Quen chegue primeiro ao disco.

Retroalimentación

Pregunta

7. Escolle a opción incorrecta. Despois dun “pull”,

Respostas

O disco pode tocar o chan.

O disco ten que caer dentro do campo.

O disco é para o equipo atacante.

Retroalimentación

Pregunta

8. O equipo a quen lle corresponde coller o “Pull”

Respostas

Comeza a defender.

Comeza a atacar.

Ten que darlle o disco ao equipo contrario se non o colle no aire.

Retroalimentación

Pregunta

9. Se nun “pull” o disco cae fóra do campo

Respostas

O equipo atacante inicia o ataque dentro do campo no punto máis próximo por onde saíu o disco

O equipo atacante inicia o ataque dende o “brick” máis próximo á súa zona de gol.

O equipo atacante pode elixir entre as dúas opcións anteriores. Se elixe o “brick”, ten que dicilo en alto para que o equipo defensor o saiba.

Retroalimentación