Saltar navegación

LE E DECIDE: Verdadeiro ou Falso

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Decide se as seguintes accións son VERDADEIRAS ou FALSAS.

Pregunta 1

1. Un gol é válido SOAMENTE se un/ha atacante atrapa o disco dentro da Zona de Gol, cun pé na liña de gol.

Pregunta 2

2. O gol NON é válido se a o disco cae ao chan dentro da Zona de Gol, sen que un/ha xogador/a do equipo que ataca logre atrapalo.

Pregunta 3

3. O gol é válido se a/o atacante atrapa o disco no aire dentro da Zona de Gol e despois cae ao chan, co disco na man.

Pregunta 4

4. Un disco atrapado polo/a atacante dentro da Zona de Gol, se antes o disco voou por fóra da liña de banda, NON é válido

Pregunta 5

5. Calquera xogadora do equipo que ataca pode intentar conseguir gol.

Pregunta 6

6. Soamente unha xogadora en concreto do equipo atacante pode intentar conseguir gol.

Pregunta 7

7. No “pull” despois de conseguir un gol, o equipo que conseguiu o gol segue atacando.

Pregunta 8

8. Un partido de Ultimate remata cando un equipo consegue un número determinado de goles.

Pregunta 9

9. Se unha xogadora do equipo que ataca ten o disco non pode camiñar ou correr, pero si pode pivotar.

Pregunta 10

10. Unha xogadora que está en posesión do disco, NON ten un tempo determinado para pasalo.