Saltar navegación

4. Cando é gol

Gol válido en Ultimate
Carmen García e Manuel Mato. Gol en Ultimate (CC BY-NC-SA)

Un gol é válido cando o disco cruza totalmente a liña de gol, como se pode ver na imaxe superior.

  • As fichas amarelas representan ao equipo defensor.
  • As fichas azuis representan ao equipo atacante.
  • O disco ou frisbee é de cor vermella.

A xogadora que atrapa o disco, consegue un gol válido se...

  • está en contacto co chan ou
  • no aire, pero
  • SEMPRE ten que estar ou caer DENTRO da zona de gol e
  • SEN TOCAR a liña de gol.

O pase de gol ten que proceder dun lanzamento regulamentario, dentro da zona central de xogo.