Saltar navegación

3. O campo de xogo

Terreo de xogo do Ultimate
Carmen García e Manuel Mato. Campo Ultimate (CC BY-NC-SA)

O campo onde se xoga a Ultimate ten unhas dimensións similares a un campo de fútbol, pero máis estreito.

O típico campo de Ultimate mide 100x37 metros.

Non obstante, se o ximnasio ou a instalación na que ides practicar Ultimate non ten estas dimensións, asegúrate que se gardan as proporcións, por exemplo 50x18 metros ou 25x9 metros e reduce o número de participantes por equipo.

Fíxate, agora, nos seguintes características do campo:

  • Hai dúas zonas de gol, en cada extremo do campo.
  • As medidas das zonas de gol son de 37x18 metros, pero poden ser máis pequenas dependendo do tamaño do campo.
  • Entre as dúas zonas de gol, está a zona central, que mide 64x37 metros.
  • As liñas de gol son as liñas que separan a zona central das zonas de gol.
  • Dentro da zona central, hai dúas marcas de “brick”, sinaladas cun X de 1 metro de longo, e están situadas con respecto á liña de gol á mesma distancia que a profundidade das zonas de gol.
  • Al liñas NON forman parte do campo de xogo.
  • Oito obxectos flexibles e brillantes (por exemplo, conos plásticos), marcan as esquinas do campo de xogo central e as zonas de gol.