Saltar navegación

7. O que está permitido

Icona de correcto ou ben
Carmen García e Manuel Mato. É correcto! (CC BY-NC-SA)

Hai determinadas accións no regulamento oficial de Ultimate que está permitido facer.

Fai esta actividade para saber que está permitido facer cando xogas a Ultimate:

  1. Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.

  2. Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.

  3. Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.

Imos!

ESTÁ PERMITIDO...
Pivotar cun pé para desmarcarse dun contrario. Pasar o disco antes de 10 segundos. Pasar o disco, sempre lanzándoo.
Pivotar cun pé para desmarcarse dun contrario. Pasar o disco antes de 10 segundos. Pasar o disco, sempre lanzándoo.
Recibir o disco no aire, sen deixar que toque o chan. Dar un paso antes de parar, ao recibir o disco. Ceder o disco á atacante, cando defensora e atacante o collen á vez.
Recibir o disco no aire, sen deixar que toque o chan. Dar un paso antes de parar, ao recibir o disco. Ceder o disco á atacante, cando defensora e atacante o collen á vez.