Saltar navegación

8. O que está prohibido

Non é correcto!Carmen García, Manuel Mato. Non é correcto! (CC BY-NC-SA)

Hai determinadas accións no regulamento oficial de Ultimate que está prohibido facer.

Fai esta actividade para saber que está prohibido facer cando xogas a Ultimate:

  1. Mira as fotografías que aparecen na táboa inferior.

  2. Le o texto que hai debaixo de cada fotografía.

  3. Emprega o dicionario da RAG se hai algunha palabra ou expresión que non entendes.

Imos!

ESTÁ PROHIBIDO...
Quitarlle o disco da man a unha atacante. Correr co disco na man. Facer malos pases, por exemplo en dirección ao chan.
Quitarlle o disco da man a unha atacante. Correr co disco na man. Facer malos pases, por exemplo en dirección ao chan.
Amagar con facer un pase cara á defensora. Xogo perigoso. Non ceder o disco á atacante, se defensora e atacante o collen á vez no aire. Coller o disco do chan
Amagar con facer un pase cara á defensora. Xogo perigoso. Non ceder o disco á atacante, se defensora e atacante o collen á vez no aire. Nun ataque, non capturar o disco no aire e se cae ao chan, recollelo e seguir atacando.