Saltar navegación

1. Definición de Ultimate

Dous xogadores saltando para coller o frisbee no aire
John Kofi. Ultimate_3 (Unsplash)
  • O Ultimate Frisbee ou simplemente Ultimate, é un deporte de equipo.
  • Para xogar empregamos un disco voador de 175 gramos de peso e 27,5 cm de diámetro, para competicións oficiais.
  • O obxectivo do xogo é marcar goles. Para iso, un/ha atacante ten que capturar o disco na zona de gol oposta.
  • Nun partido de Ultimate hai dous equipos. Cada equipo ten un máximo de 7 xogadores/as e un mínimo de 5 en cada punto que se xoga.
  • Todos/as os/as xogadores/as son poden atacar e defender.
  • As cualidades máis destacadas para xogar a este deporte son pasar, recibir, pivotar e lanzar á zona de gol.
  • O Espírito do Xogo ou xogo limpo é indispensable, xa que non hai árbitras/os.