Saltar navegación

PARA SABERMOS MÁIS

cabalos en LobiosAs actividades económicas do sector primario relacionadas coa agricultura e a gandería reciben o nome de actividades agropecuarias. Comprende polo tanto as actividades do sector agrícola e o sector gandeiro (tamén chamado sector pecuario). 

Hoxe en día esta actividade tan só achega o 2% do produto interior bruto (PIB) dentro da Unión Europea e ocupa a menos do 5% da poboación activa. A pesar disto, a Unión Europea dedica ao sector agropecuario boa parte do seu orzamento a través da Política Agraria Común (PAC). 

Que é a PAC?:  a política agraria común (PAC) son un conxunto de políticas e accións coas que os países membros da Unión Europea contan dentro do ámbito da agricultura e a gandaría.
A Política Agraria Común (PAC) ten como principais obxectivos:
•   mellorar a calidade da produción, garantizando alimentos sans e a prezos asequibles que poidan competir no mercado internacional
•   utilizar métodos de produción respectuosos co medio ambiente. Tamén mellorar as condicións sanitarias dos animais e o seu benestar
•   asegurar  o  benestar da sociedade rural mediante ingresos adecuados e estables. O obxectivo final é lograr unha economía rural dinámica e sostible: que se manteña sen esgotar os recursos e que permita o crecemento económico e a creación de emprego rural.
A PAC establece un pagamento único para axudar á renda dos agricultores e gandeiros que cumpren estes obxectivos.

A continuación podemos ollar a situación da actividade agropecuaria en Galicia e España a través de datos estatísticos nos portais do Instituto Galego de Estatística (IGE) e do Instituto Nacional de Estadística (INE):

IGE           INE

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0