ARADO SER COMA UN ARADO Significado: Ser moi bruto Exemplo: Colleu el só cincuenta quilos de peso, é bruto coma un arado. SABER CON QUEN SE ARA Significado: Coñecer ben as persoas coas que se trata Exemplo: Cando me metín nesta lea, xa falei antes co avogado, sei ben con quen aro.
PATACAS ESTAR NAS PATACAS Significado: Estar distraído, non estar atento. Exemplo: Mentres a profesora explicaba ti nas patacas. COLLER NAS PATACAS Significado: Pillar a alguén facendo algo. Exemplo: Entraron nunha casa a roubar e colléronos nas patacas.