Saltar navegación

O SECTOR PRIMARIO

inicio sector primario

O ser humano leva a cabo actividades económicas para producir e intercambiar os bens e servizos que demanda a sociedade. As actividades económicas, debido á gran variedade de bens  servizos demandados pola poboación, son moi diversas e numerosas. Estas actividades económicas tamén poden agruparse por sectores económicos: o sector primario, o sector secundario e o sector terciario.
O sector primario é o sector da economía no que se levan a cabo actividades que implican a explotación de recursos naturais para a extracción de materias primas.

As principais actividades do sector primario son agricultura, gandería, pesca e silvicultura ou explotación forestal. Pero non son as únicas, hai outras como a apicultura, acuicultura ou a caza.

Todas estas actividades realízanse nas zonas rurais, marítimas e forestais, afastadas das cidades. A zona onde se combinan elementos naturais coa actividade humana do sector primario chámase espazo agrario ou rural

O sector secundario comprende as actividades relacionadas coa transformación das materias primas en produtos de consumo (semielaborados ou elaborados), sendo todas pertencentes á industria e tamén á construción. 

O sector terciario reúne  todas aquelas actividades que non producen bens materiais, senón servizos: sanidade, educación, turismo...

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0