As fraseoloxía é unha disciplina lingüística que se encarga do estudo dos fraseoloxismos.
Entendemos por estes os enunciados que presentan as seguintes características:
-son combinacións de dúas ou máis palabras: poden ser frases ou oracións.
-Estas combinacións presentan unha fixación na lingua, é dicir, repítense tal cal nos usos dos falantes e presentan unha alta frecuencia de aparición.
-O seu significado non é a suma dos significados das palabras que o conforman, é dicir non presentan un significado literal, senón que soen adoptar un significado propio coñecido pola comunidade de falantes.
-En moitas ocasións este novo significado ten un carácter metonímico ou metafórico.