Saltar navegación

Nabo e fabas

NABO

TOCAR O NABO

Significado: Molestar, enfastiar, amolar

Exemplo: Vaite de aí e non me toques máis o nabo con iso!

COMA O NABO 

Significado: Moi mal

Exemplo: Montou un negocio e saíulle coma o nabo, estivo a punto de arruinarse. 

FABAS

SER FABAS CONTADAS 

Significado: Moi pouco, en cantidade insignificante

Exemplo: Esas situacións onde che toca a lotaría e podes cambiar de vida son fabas contadas.  

SER UN CÓNTALLE AS FABAS

Significado: Ser avaro e agarrado

Exemplo: Como esperes que che preste cartos estás aviado, é un cóntalle as fabas. 

Project-Id-Version: eXeLearning 2.6Report-Msgid-Bugs-To: POT-Creation-Date: 2021-05-04 18:24+0200PO-Revision-Date: 2021-04-25 19:19+0200Last-Translator: Pablo Nimo Liboreiro Language: glLanguage-Team: eXeLearning.net Plural-Forms: nplurals=2; plural=(n != 1)MIME-Version: 1.0Content-Type: text/plain; charset=utf-8Content-Transfer-Encoding: 8bitGenerated-By: Babel 2.4.0