Saltar navegación

Xenética, idade e sexo

1.- XENÉTICA: hai unha relación directa entre flexibilidade e herdanza. Certas persoas son xeneticamente máis propensas á rixidez muscular, mentres que outras son máis propensas á laxitude, aínda que estas calidades son conxénitas co adestramento podemos aumentar a laxitude e reducir a rixidez muscular. Por exemplo, a lonxitude e grosor dos ósos como os do fémur ou mesmo as características do tecido conxuntivo do corpo,  poden aumentar ou minguar a cualidade e capacidade da flexibilidade dende o nacemento. 

2.- A IDADE: cando somos bebés temos unha flexibilidade excesiva debido a un deficiente desenvolvemento muscular e a que os nosos ósos non teñen  a forma definitiva. Ata os dez anos perdemos moi pouca. Pero cando chega a puberdade, entre os 12 e os 14 anos, a flexibilidade comeza a diminuír, debido ao desenvolvemento muscular, a propia conformación dos ósos xa parecidos ós dun adulto. E a partir dos vinte anos descende máis dun xeito gradual ata os 30 anos. A partir desta idade, mingua constantemente dun xeito moi considerado. Aínda así dependerá das características de cada quen e da súa actividade física ao longo da vida. Unha gráfica nos axudará a visualizar as porcentaxes aproximadas.

3.- O SEXO: polo xeral, a maioria das mulleres teñen un maior nivel de flexibilidade que os homes debido a que tamén teñen unha menor porcentaxe de masa muscular, o que permite unha elasticidade maior dos tendóns e ligamentos nas súas unións coas articulacións. 

                                  Gráfica da flexibilidade por tramos de idades                            

Feito con eXeLearning (Nova ventá)