Saltar navegación

CONCLUSIÓNS

Beneficios da flexibilidade exercicios

1.- Evita posibles lesións, escordaduras, estiramentos e roturas mentres facemos un exercicio, unha actividade física ou practicamos unha modalidade deportiva.

2.- A fibras dos músculos fanse máis fortes xunto cos tendóns, soportando maior carga e tensión nos esforzos aos que os sometemos na vida diaría e nas actividades físicas.

3.- Facilita a mellora na nosa propia postura corporal, xa que  aumenta o equilibrio de tódolos eixos permitindo un aliñamento corporal correcto.

4.- Mingua a tensión muscular mellorando en xeral a relaxación corporal.

5.- Activa a circulación sanguínea.

6.- Mellora a coordinación muscular.

7.- Incrementa as demais capacidades físicas como a forza, a velocidade e a resistencia.

8.- Reforza o coñecemento do propio corpo.

9.- Permite conservar o estado de forma xeral e reforza a propia saúde.

10.Mellora o rendemento físico xeral xa que permite realizar movementos máis amplos requirindo menos enerxía. 

 A súa práctica comporta:

a) Exercicios de estiramento preparatorios para a actividade física principal ou estiramentos específicos anterior a unha modalidad deportiva concreta.

b) Exercicios de estiramento posteriores á actividade física ou deportiva, como método de recuperación dos músculos e tendóns.

c) Exercicios específicos mediante técnicas activas e pasivas dende unha posición estática ou exercicios dinámicos.

  Fotografías dunha alumna exercitando a flexibilidade nunha sesión de Educación Física .Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova ventá)