Saltar navegación

A FLEXIBILIDADE

Precoñecemento

As capacidades físicas básicas son a resistencia, a velocidade, a forza e a flexibilidade. Son as capacidades básicas internas de calquera persoa para realizar calquera actividade física ou deportiva, e que melloran no seu entrenamento coa práctica de exercicios e movementos específicos.

            siluetas gregas dun atleta praticando deporte da carreira, loita, natación e ximnasia        
relevo grego do pentatlón 500 aCMatthiasKabel "relevo grego do pentatlón 500 aC.jpg" en wikimedia.org   CC BY-SA 3.0

       As primeiras actividades relacionadas coa ximnasia proceden da China cun tipo de exercicio similar ao Kung-fu e de Exipto con actividades ximnásticas con fins recreativos(cara ao ano 2600 a.C). En todas as culturas posteriores(helénica, romana, medieval, renacentista e moderna) a ximnasia foi unha actividade considerada, pero non será ata o século XVIII onde realmente comeza a desenvolverse como deporte e método para un desenvolvemento integral da persoa. 

  Ximnasio para nenos ao aire libre ao redor do século XIX.jpgXimnasio Aldershott 1868.jpgCalistenia, 1867. Colección Granger.jpgSeal posture Mollie Bagot Stack 1931.jpgShore, men, exercise, feat, summer, bathing suit Fortepan 19723.jpg

Imaxes visibles en https://commons.wikimedia.org/wiki/Category:Gymnastics . Licenza de Dominio Público.

Obxectivos

Ao rematar estarás en condicións de definir a capaciadade da flexibilidade e de clasificala, de distinguir a movilidade articular da elasticidade muscular e de coñecer os métodos para mellorala. E todo isto podendo exercitala coa finalidade de:

  • Prepararse para a actividade muscular.
  • Coñecer mellor o noso propio corpo tomando conciencia del.
  • Aumentar a elasticidade e flexibilidade de ligamentos e articulares, mellorando e aumentando a extensión dos seus movementos.
  • Potenciar a circulación sanguínea e a osixenación dos músculos por medio dos estiramentos.
  • Mellorar a coordinación con máis control e equilibrio.
  • Preveñen lesións musculares e dos tendóns.
  • Reducir a tensión muscular e acadar unha agradable sensación de relaxación.
flexibilidade flexibilidade

 Fotografías dunha alumna exercitando a flexibilidade nunha sesión de Educación Física .Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0

Feito con eXeLearning (Nova ventá)