Saltar navegación

Mobilidade articular

Articulacións

A capacidade da flexibilidade depende e está condicionada totalmente polos ósos, articulacións, tendóns, músculos e ligamentos que conforman o noso aparato locomotor e permítenos a mobilidade.

Repasemos os conceptos básicos. 

Unha articulación é o medio de contacto que fai a unión entre dous ou máis ósos próximos e a súa función máis importante é a de constituír puntos de unión do esqueleto e producir movementos mecánicos, proporcionándolle elasticidade e plasticidade ao corpo.

A articulación do cóbado artella tres ósos: úmero, radio e cúbito. Funcionalmente permite movementos de flexión e extensión. A articulación do cadril é entre o fémur e a pelve e a súa principal función é soportar o peso do corpo en posturas estáticas(de pé) e dinámicas(camiñando ou correndo). Como vemos na imaxe é do tipo esferoide.  Na articulación do xeonllo interveñen tres ósos:fémur, rótula e tibia. É unha articulación bicameral, con movementos de flexión-extensión e rotación interna-externa. As do pescozo, ombreironocello e pulso son outras das articulacións móbiles ao igual que as das falanxes de dedos das mans e dedas dos pés.

arquivo con imaxes presentes en eu.wikipedia.org de dominio público CC

mobilidade articular
   Algunha vez podemos sufrir escordaduras(ocorre cando se forza en exceso un dos ligamentos articulares), luxacións(saída dun óso da súa posición na articulación a causa dun movemento brusco ou golpe violento), fracturas(ruptura dun óso despois de sufrir un golpe ou unha caída violentos), esgazaduras musculares(ruptura das fibras dun músculo ou mesmo un músculo enteiro), contusións(mazaduras por golpes violentos nos que dase un hematoma acompañado de dor) ou cambras(contracción muscular involuntaria producida polo esgotamento) que poden afectar seriamente a mobilidade dunha ou varias articulacións.

 

Para repasar podemos ler e completar

A articulación do   artella tres ósos: úmero, radio e cúbito. Funcionalmente permite movementos de flexión e extensión. A articulación do é entre o fémur e a pelve, e a súa principal función é soportar o peso do corpo en posturas estáticas(de pé) e dinámicas(camiñando ou correndo). Como vemos na imaxe é do tipo esferoide.  Na articulación do  interveñen tres ósos: fémur, rótula e tibia. É unha articulación bicameral, con movementos de flexión-extensión e rotación interna-externa. As do pescozoombreiro, e pulso son outras das articulacións móbiles ao igual que as das falanxes de dedos das mans e dedas dos pés.

Habilitar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova ventá)