Saltar navegación

Un pouco de Historia...

O que nos gusta París!

Recoñeces a melodía do Ditado 2? 

Retrato a man do compositorÉ o tema principal da Pavana do compositor francés  Gabriel Fauré.  

Fauré foi un compositor, organista e pianista, e pedagogo, que viviu a maior parte da súa vida en París. O traballo como organista e mestre do Conservatorio Real de París, dáballe para vivir, pero non dispoñía de tempo para compoñer e  empregaba os períodos de descanso para facelo. O compositor Saint-Saëns seguiu de preto a súa carreira e convertéronse en mois bos amigos. Cara o final da súa vida, unha xordeira fixo que as súas composicións tivesen un ton máis axitado e difícil de comprender. 

É considerado un dos grandes compositores franceses de principios do s. XX. 

A Pavana é unha obra que foi escrita nun primeiro momento só para orquestra en 1886.

Ao escoitala, lévanos ata o s. XVI, a unha danza que se bailaba na corte española e na que destaca unha melodía elegante e pausada. 

No ano 1887 incorporou un coro, para que a obra fose coreografiada. Así foi máis recoñecida, sendo incluso interpretada polos Ballets Rusos no 1917. 

A obra serviu como inspiración a outras, como a Pavana para unha infanta defunta de Maurice Ravel, que foi alumno de Fauré.