Saltar navegación

Escritura musical

Comezamos!!!

Unha negra animada cun sorrisoChegamos ao final, e para rematar traballaremos con algúns recursos da escritura musical (abreviacións) que atoparemos nas partituras, sobre todo, nos vindeiros cursos. Tamén traballaremos coas notas de adorno. Que serán?

Ademais coñeceremos compases novos, como os de amalgama. Uff, iso soa difícil? Non! Son compases moi divertidos. Ademais seguiremos repasando todos os que xa coñecemos. 

E seguiremos cantando novas melodías a capella e con acompañamento. A estas alturas xa o temos dominado, verdade?

E gracias aos ditados coñeceremos unha fermosa melodía que nos levará de volta a Francia, pero non para bailar. Tendes ganas de coñecela?

Imos aló!