Os compases de amalgama e dispares

Para poder comprender estes compases temos que repasar os elementos do compás: o numerador e o denominador.
Unha vez que temos claro isto, podemos traballar cos novos compases.
Comezamos polos compases de amalgama: son a suma de dous compases con igual denominador.

Como son a suma de dous compases, para saber como mover a man ao marcar o pulso teremos en conta como se miden eses dous compases.
No caso do 5/4, como o forman o 3/4 e o 2/4, mediremos 3+2 pulsos e así teremos o compás completo.

Imos agora cos compases dispares: son compases que teñen diferente agrupación de figuras en cada un dos seus pulsos.

Cando os medimos, a sensación é que o compás queda curto, incompleto. Tendes que ter moito coidado: non é unha tercina!, son corcheas de igual valor en cada un dos pulsos.

O erro que se comete:
Para saber como se miden empregaremos este truco:

Todos estes compases teñen o denominador 8, pero uns (os vermellos) son compases compostos, cos que xa traballamos (6/8, 9/8 e 12/8) e coñecemos como se miden. Pois os compases dispares que se atopan antes que eles, segundo o número que aparece no numerador, teñen os mesmo pulsos.