Compases de amalgama e dispares
Imos practicar estes novos compases. Lembrade que sempre é importante ter o metrónomo con nós, pero nos compases dispares non imos poder empregalo.
5/4

Seguimos os seguintes pasos:
1º Empregando unha sílaba (na ou la).
2º Agora con palmas.
5/8

Fíxate no vídeo e faremos o seguinte:
1º Empregando unha sílaba (na ou la).
2º Agora con palmas.
3º Con palmas e coa sílaba.
7/8

Apoiándote no audio segue os mesmos pasos que cos anteriores:
1º Empregando unha sílaba (na ou la).
2º Agora con palmas.
3º Con palmas e coa sílaba.