Escritura musical
Imos concentrarnos que comezamos coa parte teórica.
Estivemos traballando coas partituras, os acordes, a forma..., nesta ocasión imos coñecer recursos que nos permiten simplificar a escritura; para iso traballaremos coas abreviacións, recursos empregados cando as obras son moi longas.
Tamén coñeceremos as notas de adorno, que non podedes confundir coas notas estrañas. Lembrádelas? Estas últimas son as notas que non pertencen ao acorde pero que forman parte da melodía e non se pode prescindir delas. Mentres que as de adorno,...xa o veredes!
Ánimo e alá imos!