Quecendo motores!
A estas alturas do curso, xa temos moi claro que antes de comezar a cantar temos que quentar a nosa voz. Lembrade que os exercicios facémolos de pé e en círculo para vernos uns os outros.
Comezamos con exercicios de relaxación e respiración! (están na Unidade 2). Lembrade que todos estes exercicios teñen que axudarnos a comprender que a voz é impulsada cara arriba pola columna de aire, como unha pluma levada polo vento.
Despois pasamos aos exercicios de articulación e vocalización (se necesitades repasar ide á Unidade 3).
Imos centrarnos nas vogais e na colocación da boca na súa pronunciación: vogais que provocan tensión horizontal (a, e, i) e vertical (o, u). A posición da boca cambia para poder pronuncialas correctamente. Fíxate nos debuxos.

Unha vez feitos, xa podemos comezar a cantar!