Imos escoitar!
É hora de limpar os oídos para a audición.
Nesta últmia unidade imos repasar un pouquiño todo o que traballamos na audición durante o curso. Así escoitaremos intervalos, acordes, cadencias, escalas e despois faremos un exercicio para comprobar todo o que aprendemos.
Despois seguiremos cos ditados, e unha desas melodías volverá a levarnos a un París, non tan alegre como no que xa estivemos.
Listos para escoitar?