As notas de adorno
As notas de adorno son notas ou grupo de notas que se incorporan á melodía co fin de adornala. Indícanse mediante notas en tamaño máis pequeno ou con signos. Imos coñecelas.
Hai diferentes tipos:
Trino
É a repetición rápida e alternada dunha nota coa superior. Dependendo da época, a súa interpretación varía.

Barroco
Iníciase pola nota superior.

Despois do Barroco
Comeza pola nota principal.

Alterados
Se aparece o signo cunha alteración, afecta a nota superior. 

Mordente
É unha o varias notas, normalmente por graos conxuntos coa principal, que se executan de forma rápida.
Mordente dunha nota
Represéntase cunha corchea atravesada por unha liña. Poden ser superiores ou inferiores.

Dependendo da época ten diferente execución.
Barroco: Co pulso
Despois do Barroco: Anticipado ao pulso
Mordente de dúas notas
A súa interpretación segue os mesmos patróns cos anteriores. Represéntanse con dúas pequenas semicorcheas antes da nota principal, e xa indican as notas que tes que executar.
Hai signos específicos para dous deles:
Mordente superior:
Mordente inferior:

Apoiatura
Nota de adorno que toma o valor da nota á que acompaña. Segundo a época ten diferentes interpretacións:
Nota real sen puntiño 
Barroco:
Despois do Barroco: 
Nota real con puntiño 
Barroco:
Despois do Barroco:
Grupeto
Nota de adorno que se forma coa nota principal e as notas que a rodean por graos conxuntos. Emprégase un signo que asemella unha S, en vertical ou en horizontal segundo sexa superior ou inferior.