Saltar navegación

Parámetros estadísticos

Moda

A moda, Mo, é o valor da variable de maior frecuencia.

Por exemplo: Álex fixo 5 exames de ciencias, e sacou 9, 10, 8,5, 9 e 9. A moda é 9.

Media

A media aritmética simple é o resultado de dividir a suma de todos os datos entre o número total de datos.

No exemplo anterior, a media de Álex sería: 9+10+8,5+9+9 (suma dos datos)/5 (número de datos)= 9,1

Mediana

A mediana, M, é o valor central da variable. No caso anterior sería 9:

8,5   9   9   9  10

Como vemos no exemplo, temos que ordear os datos de menor a maior.

Neste exemplo os datos son impares, polo que a mediana é o dato central. No caso de ser pares, teríamos que facer a media aritmética dos valores centrales.

Atopa a media e a moda dos seguintes datos estadísticos:

4

1 1 6 3 5 2
1 1 4 1 5 2 3
5 3 5 3 4 5 6

BY-SC-SA