Enerxía cinética

Ocultar

É a enerxía dun corpo cando está en movemento. Depende da súa masa e da súa velocidade.

No exemplo da nosa bola, a enerxía cinética era maior cada vez porque aumentaba a súa velocodade ao baixar polo plano inclinado. A enerxía potencial estaba sendo transformada en enerxía cinética.

Calculamos a enerxía cinética dun corpo utilizando a fórmula: Ec= 1/2.m.v2

Chamamos enerxía mecánica á suma das enerxías cinética e potencial.

Resolve

Ocultar

Que enerxía cinética ten un coche de 450 kg de masa que circula a 100 km/h?

BY-SC-SA