As fontes de enerxía renovables causan moito menos danos no medio ambiente, pero aínda así, causan outros impactos medioambientais, como a modificación da paisaxe ou a alteración de hábitats de seres vivos:
- Enerxía solar fotovoltaica
- Os materiais utilizados na construción dos paneis adoitan ser contaminantes
- As instalacións ocupan moito espazo, polo que causan un impacto:
- Na paisaxe.
- A perda de solo é permanente durante a vida útil dos mesmos.
- Flora, se é construído en espazos naturais de especial interese.
- Fauna, cando causan interferencias nas cadeas tróficas.
- Enerxía eólica
- A paisaxe vese claramente alterada polo enorme tamaño dos muíños, que adoitan ser situados en zonas altas, polo que son moi visibles.
- A flora, cando son construídos en zonas de especial interés, con endemismos ou especies protexidas
- A fauna
- Morte de aves, polo que hai que ter en conta na construción dos parques eólicos as zonas de migración ou a presenza de especies protexidas. Afectan tanto os muíños coma os as liñas eléctricas situadas cerca dos parques.
- Ruídos
- O solo vese moi afectado na súa estrutrura, xa que os muíños causan moita erosión do terreo.
- Enerxía hidráulica
- Fauna e flora, pola modificación dos ecosistemas naturais dos seres vivos. Ademáis, a anegación dos terreos de ribera pode afectar a especies vexetais que vivían nas marxes do curso fluvial.
- Solo, en maior ou menor medida dependendo do tamaño da presa, que anegará terras fértiles en moitos casos, xa que os solos próximos a cursos fluviales adoitan ser máis ricos.
- Clima, A evaporación de grandes masas de auga pode afectar ao clima d zona circundante.
- Enerxía xeotérmica
- Solo, xa que moitas veces é necesario facer unha excavación profunda do terreo, o que pode crear alteracións do subsolo
- Paisaxe
- Flora e fauna
- Enerxía mareomotriz
- Paisaxe
- Equilibrio ecolóxico