No diagrama de barras temos dous eixes. No horizontal representamos os posibles valores, cunha barra de altura proporcional á súa frecuencia absoluta, que ven dada polo eixe vertical. Unindo os puntos medios dos extremos superiores de cada barra, obtemos un novo gráfico, o polígono de frecuencias.

