Datos e frecuencias

Datos e frecuencias

Ocultar

Para recoller a información necesaria, adoitan utilizarse diferentes métodos: enquisas, medicións directas, observación, etc.

Os datos estadísticos son os valores que se obteñen ao realizar un experimento, pero para ordealos e que sexan fáciles de analizar, temos que utilizar táboas, son táboas de frecuencias.

Imos poñer un exemplo.

Na nosa clase facemos unha consulta, acerca do destino desexado para unha viaxe. As opcións son neve, praia ou cidade. Dos 25 alumnos, 11 queren praia, 6 neve e 8 á cidade. Imos ver a táboa de frecuencias como quedaría:

Resposta Reconto
Praia 11
Neve 6
Cidade 8

Hai dous tipos de frecuencias:

  • A frecuencia absoluta (fi), que é o noso reconto, o número de veces que se repetiu un dato.
  • A frecuencia relativa (hi), que da información do dato dentro  número total de datos que manexamos. É o cociente entre a frecuencia absoluta e o número total de datos. 

Así, a nosa táboa quedaría:

Resposta Reconto Frecuencia absoluta (fi) Frecuencia relativa (hi)
Praia 11 11 11/25 =0,44
Neve 6 6 6/25 = 0,24
Cidade 8 8 8/25 = 0,32
Total 25 25 1

A suma das frecuencias absolutas é o número total dos datos, pero a suma das frecuencias relativas sempre da 1.

Ocultar

1. Nun instituto temos unha clase con 20 alumnos coas seguintes idades:

16 16 16 16 16 16 16 16 17 16
16 16 19 18 18 18 16 16 17 17

A variable que imos estudar é a idade (xi).

a) Que tipo de variable é a idade?

b) Fai a táboa de frecuencias

Ocultar

2. As notas nos exames de matemáticas de Sabela e Álex no curso son:

Sabela: 5 7 7 7 9
Álex: 2 6 8 10 9

De que tipo é a variable que analizamos?

BY-SC-SA