Saltar navegación

Cara e cruz do uso da enerxía

As fontes de enrxía e o seu aproveitamento, fai que todos os habitantes do planeta vivamos dun xeito moi cómodo cun montón de servizos (calefacción, transporte, electricidade...). Pero... é correcta esta afirmación? Pois non, oxalá fora así pero, a realidade é que existe a denominada "pobreza enerxética". Existe unha desigualdade evidente no uso das enerxías, entre países e incluso nun mesmo pais, xa que, hai hogares nos que o uso da calefacción ou electricidade é prohibitivo polo seu prezo. A vida sen acceso á enerxía é moito máis dura.

Por outra banda, o uso dalgunhas das fontes de enerxía citadas antes, implica graves impactos no medio ambiente, que afectan moitas veces (por riba) a eses países menos desenvolvidos. Para minimizar eses impactos, a medida fundamental é reducir e racionalizar o consumo, e investir na investigación para o uso de fontes de enerxía renovables.

Investiga

Cales son os países incluídos nesa "pobreza enerxética"? Busca algún mapa que o ilustre.

BY-SC-SA