Mária Telkes: a raiña da enerxía solar.

Mária Telkes (12 de decembro de 1900 - 2 de decembro de 1995) foi unha pioneira e inventora húngaro-americana que traballou nas tecnoloxías da enerxía solar. Naceu en Budapest, Hungría e trasladouse a Estados Unidos despois de obter o seu doutorado en Físicoquímica.

Maria Telkes NYWTS.jpg
María Telkes. Wikipedia. (CC BY-SA)

Carreira

Telkes traballou como biofísica nos Estados Unidos, e desde 1939 ata 1953 investigou a enerxía solar no Massachusetts Institute of Technology.

Telkes é coñecida por inventar o primeiro xerador termoeléctrico en 1947 e deseñou o primeiro sistema de calefacción solar para a Casa Solar de Dover, Massachusetts, deseñado por Eleanor Raymond, e o primeiro refrixerador termoeléctrico en 1953.

Foi unha prolífica inventora de dispositivos termoeléctricos, incluída unha unidade de desalinización portátil para uso en embarcacións salvavidas, que utilizan enerxía solar e condensación para obter auga potable mediante destilación solar.

Unha das súas especialidades foron os materiais de cambio de fase, incluíndo sales fundidas para almacenar enerxía térmica. Telkes considérase unha das fundadoras dos sistemas de almaceamento de enerxía solar, por iso foi chamada "raíña solar". Por iso trasladouse a Texas nos anos 70 e asesorou a moitas empresas pioneiras no campo da enerxía solar. 

Premios

BY-SC-SA