Saltar navegación

Enerxía potencial

É a enerxía que ten un corpo polo feito de estar en certa posición, e depende da masa do corpo e da súa posición.

Enerxías. Sandra Juiz. (Dominio público)

A bola tiña no punto inicial unha enerxía potencial maior que no punto final, a súa enerxía potencial foi cambiando co cambio de posición da bola, e transformándose en movemento.

Falamos de dous tipos de enerxía potencial:

  • Enerxía potencial gravitatoria; é proporcional á masa e a altura.

A bola B ten maior enerxía potencial que a A porque está a máis altura, pero a C, á mesma altura que a B ten maior enerxía por ter maior masa.

  • Enerxía potencial elástica; é proporcional á tensión da corda e á masa do obxecto lanzado.
ti
Tirachinas. Pixabay. (Dominio público)



Cálculo da enerxía potencial

A enerxía potencial gravitatoria, que é na que nos imos parar, podemos calculala coa seguinte fórmula:

Ep = peso · altura = masa • aceleración da gravidade · altura = m . g . h

Resolve

Cal é a enerxía potencial dun home de 76 kg que está a 65 m de altitude?

BY-SC-SA