As variables estadísticas

Tipos de variables estadísticas

Ocultar

As características ou aspectos que se poden analizar no estudo estadístico, como a altura, o color favorito, ou no noso caso o uso de enerxías renovables, son as chamadas variables estadísticas

As variables estadísticas son as características ou propiedades do obxecto do estudo, e poden ser:

  • Cuantitativas, se poden ser expresadas con números: idade, peso, talla,...
    • Discreta, cando pode só tomar valores illados. Por exemplo o número de fillos nunha familia (1, 2, 3, 4...) ou o número de animais nuhna granxa. 
    • Contínua, cando pode tomar todos os valores dentro dun intervalo. Por exemplo a tensión arterial ou o tempo no que un atleta corre os 100 metros.
  • Cualitativas, cando non poden ser expresadas con números: color de ollos, país de nacemento...

Ocultar

1. Indica cales das seguintes variables son cualitativas e cales cuantitativas:
Medo, peso, temperatura, hambre, densidade, ignorancia, beleza e lonxitude

Ocultar

2. Faise unha enquisa sobre a afición que ten a xente para facer deportes de neve. As preguntas son:

  1. Sexo
  2. Idade
  3. Medio de transporte  co que viaxan
  4. Distancia hasta a estación de ski máis próxima
  5. Tempo de viaxe en horas ata dita estación

De que tipo son cada unha das variables estudiadas?

BY-SC-SA