Saltar navegación

Suma e resta de monomios

Os monomios só se poden sumar e restar se son semellantes. Neste caso, basta sumar ou restar os coeficientes e manter a parte literal.

Exemplo:

Suma e resta os monomios semellantes A(x) = −3x2 e B(x) = 4x2.

A(x) + B(x) = −3x2 + 4x2 = (−3 + 4) x2 = x2

A(x) − B(x) = −3x2 − 4x2 = (−3 − 4) x2 = −7x2

Cando non son semellantes deixamos indicadas a suma e a resta:

SUma e resta os monomios A(x) = A(x) = 7x2 e B(x) = 5x.

A(x) + B(x) = 7x2 + 5x

A(x) − B(x) = 7x2 − 5x

BY-NC-SA