Saltar navegación

Aída Fernández Ríos

Coñecendo a outra científica galega

Aida Fernández Ríos, nada en Vigo en 1947 e finada en Moaña o 22 de decembro de 2015, foi unha bióloga galega, membro da Real Academia Galega de

Resultado de imagen de AIDA FERNANDEZ RIOS
Aída Fernández Ríos (CC BY-SA)


Ciencias.

TRAXECTORIA

Estudou na Escola de Comercio de Vigo e traballou na súa mocidade nunha imprenta. Posteriormente comezou a traballar como axudante no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, o que a levou a estudar de novo e a licenciarse en Bioloxía pola Universidade de Santiago.

Incorporouse de novo ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, do que foi a súa directora entre 2006 e 2011. O seu labor investigador centrouse nos niveis de dióxido de carbono no mar, en particular do causada polo ser humano, e polos niveis de acidez dos océanos. En 2015 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias, na súa sección de Bioloxía, e no seu momento foi a terceira muller que ingresaba, logo de María José Alonso e de Alicia Estévez.

 

BY-NC-SA