Os sólidos non os podemos deformar indefinidamente. Chamámoslle límite elástico ou límite de elasticidade, á tensión máxima que un material elastoplástico pode soportar sen sufrir deformacións permanentes.
Se se aplican tensións superiores a este límite, o material experimenta un comportamento plástico (non elástico) con deformacións permanentes e non recupera espontaneamente a súa forma orixinal cando se eliminan as cargas. Isto podemos expresalo cunha gráfica: