Saltar navegación

Os líquidos

Os líquidos non manteñen a súa forma, adáptanse á do recipiente que os contén. Manteñen o seu volume incluso se tratamos de varialo mediante presión, aínda que poden experimentar lixeiros cambios coa variación da temperatura*

* Por exemplo, o caso dos termómetros de alcol ou mercurio. Cando a temperatura sube, estes líquidos aumentan o seu volume e acenden polo fino capilar que os contén.

SpiritTherm02.jpg
Termómetro. Wikipedia. (CC BY-SA)


Adicaremos unha unidade enteira a falar da auga e as súas propiedades posteriormente.

Viscoso ou fluído?

Moitas veces pensamos que, fluirá mellor un líquido con pouca densidade que outro cunha densidade maior. Isto non sempre se cumple:

Por exemplo, medindo como fúen tres líquidos de densidades diferentes:

  • Vinagre ( d=1,01 g/cm3)  
  • Aceite (d=0,92 g/cm3)    
  • Mel (d=1,41 g/cm3)   

Se tiramos dentro de cada un dos recipientes que conteñen estes líquidos, cal acadará maior velocidade?

Por lóxica, onde mellor baixará a canica será será no aceite, que é o líquido menos denso. Vexamos os resultados:

  • Vinagre ( d=1,01 g/cm3)   velocidade canica= 0,40 m/s
  • Aceite (d=0,92 g/cm3)     velocidade canica= 0,20 m/s
  • Mel (d=1,41 g/cm3)           velocidade canica= 0,08 m/s

Os líquidos que mellor flúen son polo tanto os menos densos?

s
Viscosidade. Wikipedia. (CC BY-SA)

Non, porque a facilidade para fluír depende doutra propiedade, a viscosidade:
A viscosidade depende das forzas de unión entre as partículas do fuído, mentres que a densidade, como veremos en futuras unidades, depende do seu grao de compactación.

BY-NC-SA