Saltar navegación

Fraxilidade

A fraxilidade é a capacidade dun material para fracturarse debido á súa baixa ou nula deformación permanente. Pola contra, os materiais dúctiles rompen despois de sufrir marcadas deformacións, normalmente de tipo plástico.

O contrario da fraxilidade é a tenacidade, e ten a peculiaridade de absorber relativamente pouca enerxía, a diferenza da ruptura dúctil.

BY-NC-SA